Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Física e Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Física e Química. Amosar todas as publicacións

18/06/25

Parque Eólico Sotavento

Os alumnos/as de 2º e 3º de ESO desfrutaron dunha actividade extraescolar visitando o Parque Eólico Experimental de Sotavento onde recibiron unha charla informativa sobre as distintas fontes de enerxía, as súas diferenzas , a importancia dun uso responsable delas, e tamén puideron realizar varias actividades como: unha cociña solar, un chisqueiro solar, o uso de pequenas placas fotovoltaicas, visionado do interior dun aeroxenerador e as distintas pezas que xeran esta corrente eléctrica, así como a visita ao interior dunha casa bioclimática e os materiais necesarios para a súa construción.


















20/03/25

Visita a Parque Aventura RoqPark

O Departamento de Física e Química organizou esta visita co obxectivo de visualizar e experimentar as magnitudes que caracterizan o movemento: velocidade, aceleración da gravidade...así como as forzas experimentadas no propio parque: tensión de cordas, forza de rozamento, relacionado cos temas da materia de Física " Movementos e forzas".

Os alumnos e alumnas de 3° e 4° de ESO desfrutaron desta visita realizando as distintas probas repartidas en 4 tramos dos que dispoñía o circuito do parque. Estas probas consistían en cruzar pontes oscilantes entre árbores pasando a través de troncos colgados de cadeas, colgarse a través de redes en forma de parede vertical, lanzarse en tirolinas etc.

Despois tamén realizaron carreiras no circuito de karts.

Por último, estiveron en contacto coa flora e fauna autóctonas: gamos, ponis, burros, cabras montesas, avestruces e ñandús e tamén divisaron a panorámica de Viveiro desde o mirador do Monte de San Roque.