20/03/25

Visita a Parque Aventura RoqPark

O Departamento de Física e Química organizou esta visita co obxectivo de visualizar e experimentar as magnitudes que caracterizan o movemento: velocidade, aceleración da gravidade...así como as forzas experimentadas no propio parque: tensión de cordas, forza de rozamento, relacionado cos temas da materia de Física " Movementos e forzas".

Os alumnos e alumnas de 3° e 4° de ESO desfrutaron desta visita realizando as distintas probas repartidas en 4 tramos dos que dispoñía o circuito do parque. Estas probas consistían en cruzar pontes oscilantes entre árbores pasando a través de troncos colgados de cadeas, colgarse a través de redes en forma de parede vertical, lanzarse en tirolinas etc.

Despois tamén realizaron carreiras no circuito de karts.

Por último, estiveron en contacto coa flora e fauna autóctonas: gamos, ponis, burros, cabras montesas, avestruces e ñandús e tamén divisaron a panorámica de Viveiro desde o mirador do Monte de San Roque.