O pasado 21 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos participou nunha saída a Lugo, centrada en dous temas fundamentais e de actualidade : os impostos e a memoria histórica.
Visitamos a Axencia Tributaria, onde nos explicaron como funcionan os impostos e por que son imprescindibles para garantir servizos públicos como a sanidade, a educación ou as infraestruturas. Entendimos que pagar impostos é un acto de solidariedade e de xustiza social.
Tamén coñecimos O Vello Cárcere, un lugar cheo de historia e dor, onde centos de persoas foron represaliadas durante a Guerra Civil e a posguerra. Visitamos a exposición permanente que recolle os horrores vividos entre 1936 e 1940, e reflexionamos sobre a importancia de non esquecer para non repetir.