Amosando publicacións coa etiqueta oratoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta oratoria. Amosar todas as publicacións

12/06/26

ORATORIA: Un cuarto propio


Durante o último trimestre do curso, o alumnado da materia de Oratoria desenvolveu un proxecto de teatralización de Un cuarto propio, célebre ensaio feminista da escritora británica Virginia Woolf.
A adaptación da obra permitiu ao alumnado achegarse a unha reflexión profunda sobre a igualdade de oportunidades, a liberdade e o papel das mulleres na creación e na cultura.
Un proxecto que, a través da literatura e da expresión oral, convidou a pensar e dialogar sobre cuestións que seguen a ser fundamentais na nosa sociedade.

20/06/25

Obra de teatro "Tres sombreros de copa"

O alumnado da materia optativa de Oratoria de 3º de ESO representou a obra de teatro Tres sombreros de copa. Deixámosvos por aquí a obra completa.



24/06/24

Obra de teatro SentyMentalia

O último día de clase o alumnado da materia de Oratoria presentou a obra de teatro que levaban ensaiando durante boa parte do curso SentyMentalia.

Esta peza reúne escenas breves que representan gran variedade de situacións. Ilusión, angustia, medo, amizade, amor, odio... son algúns dos sentimentos que desfilan a ritmo sostido, con momentos de humor ou de drama, pero tamén de reflexión e de autorrecoñecemento. Todo un mapa, vivo e directo, de emocións para que todo explorador de si mesmo poida orientar a súa intelixencia emocional.



08/03/24

Actividade de relaxación e ioga

O alumnado de Oratoria (3° e 4° de ESO) recibiu unha clase de relaxación e ioga o pasado 5 de marzo.

A profesora Noemí Ramajo visitou o centro para achegar ao alumnado esta disciplina que pode resultarlles moi beneficiosa para certos aspectos da materia que están a cursar, e por conseguinte, tamén pode ser beneficiosa para a vida en xeral.

O ioga axuda a conectar co corpo, mellora a concentración, reduce o estrés e a ansiedade, tonifica o corpo,...estas son só uns poucos beneficios que aporta esta disciplina.

O alumnado desfrutou moito a actividade.