24/06/24

Obra de teatro SentyMentalia

O último día de clase o alumnado da materia de Oratoria presentou a obra de teatro que levaban ensaiando durante boa parte do curso SentyMentalia.

Esta peza reúne escenas breves que representan gran variedade de situacións. Ilusión, angustia, medo, amizade, amor, odio... son algúns dos sentimentos que desfilan a ritmo sostido, con momentos de humor ou de drama, pero tamén de reflexión e de autorrecoñecemento. Todo un mapa, vivo e directo, de emocións para que todo explorador de si mesmo poida orientar a súa intelixencia emocional.