O alumnado da materia optativa de Oratoria de 3º de ESO representou a obra de teatro Tres sombreros de copa. Deixámosvos por aquí a obra completa.
20/06/25
03/04/25
Teatro clásico en Xixón: O Anfitrión de Plauto
O alumnado de 3°, 4° ESO e 1° BAC asistiron, xunto cos seus profesores de Cultura Clásica e Latín e Lingua e Literatura Castelá, á representación dunha comedia de Plauto, o Anfitrión, no Teatro Melchor de Jovellanos en Xixón, durante unha nova edición do Festival de Teatro Grecolatino.
Os
nosos alumnos e alumnas puideron desfrutar dunha obra con moitos
guiños á actualidade, maxistralmente representada pola compañía
Luces de Bohemia.
24/06/24
Obra de teatro SentyMentalia
O último día de clase o alumnado da materia de Oratoria presentou a obra de teatro que levaban ensaiando durante boa parte do curso SentyMentalia.
Esta peza reúne escenas breves que representan gran variedade de situacións. Ilusión, angustia, medo, amizade, amor, odio... son algúns dos sentimentos que desfilan a ritmo sostido, con momentos de humor ou de drama, pero tamén de reflexión e de autorrecoñecemento. Todo un mapa, vivo e directo, de emocións para que todo explorador de si mesmo poida orientar a súa intelixencia emocional.
.jpg)

