03/04/25

Teatro clásico en Xixón: O Anfitrión de Plauto

O alumnado de 3°, 4° ESO e 1° BAC asistiron, xunto cos seus profesores de Cultura Clásica e Latín e Lingua e Literatura Castelá, á representación dunha comedia de Plauto, o Anfitrión, no Teatro Melchor de Jovellanos en Xixón, durante unha nova edición do Festival de Teatro Grecolatino.


Os nosos alumnos e alumnas puideron desfrutar dunha obra con moitos guiños á actualidade, maxistralmente representada pola compañía Luces de Bohemia.