Un premio que recoñece o noso compromiso coa sustentabilidade!
O IES Marqués de Sargadelos recibiu o xoves 5 de novembro o premio na categoría de Educación Secundaria dos Premios Zinkers, impulsados pola Fundación Repsol, un recoñecemento ao traballo realizado arredor da sustentabilidade e a transición ecolóxica.
A xornada comezou cunha visita á nave de Coleo, no polígono industrial da Laracha, onde coñecemos de primeira man o proceso de selección e clasificación da roupa destinada á reciclaxe. Unha experiencia para descubrir como os residuos téxtiles poden converterse en novos recursos e contribuír á economía circular.
A continuación, celebrouse o acto de entrega dos premios, conducido polo mago Jorge Luengo, que combinou a presentación do evento con sorprendentes e extraordinarios números de maxia, facendo da xornada unha experiencia aínda máis especial.
Durante o acto tamén tivemos a oportunidade de reflexionar sobre a sustentabilidade e a importancia de avanzar cara a modelos de produción e consumo máis responsables.
Parabéns tamén aos outros centros premiados: o CEIP Rosalía de Castro e o CIFP Someso, ambos da Coruña.
Un recoñecemento que nos anima a seguir aprendendo, innovando e traballando por un futuro máis sostible!

















































