21/11/25

Exposición O NOME DAS CIDADES GALEGAS

 

Sabes de onde veñen os nomes das cidades galegas?

No taboleiro da entrada do centro propoñémosvos unha pequena viaxe pola etimoloxía das cidades de Galicia. A través desta exposición poderedes descubrir a orixe e o significado dos seus nomes, moitos deles ligads á historia, á lingua e ao territorio.

Un percorrido curioso para coñecer mellor o pasado das nosas cidades e a riqueza da nosa lingua.

Achégate ao taboleiro e descúbreo!