30/01/26

CORREMOS XUNTOS, CHEGAMOS XUNTOS. Carreira pola Paz ADIADA

Este venres 30 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participa nunha carreira solidadaria pola Paz nas pistas de atletismo municipais.
Baixo o lema "Corremos xuntos, chegamos xuntos", compartimos xornada co alumnado de infantil e primaria dos centros do concello, así como de diversas asociacións, nun exemplo de convivencia, inclusión e solidariedade.

A actividade, organizada polo CEIP Península da Paz, completouse coa lectura de manifestos pola Paz e doazón de alimentos. Porque a Paz tamén e construír un mundo máis xusto en comunidade.

 FOI ADIADA POLAS ALERTAS METEREOLÓXICAS