21/05/26

Exposición traballos "OS SOÑOS NA GAIOLA"

Os soños na gaiola, de Manuel María, foi a obra protagonista dos traballos realizados polo alumnado de 4º durante esta semana.

Publicado en 1968, Os soños na gaiola está considerado un dos libros máis importantes da literatura infantil galega. A través dos seus poemas, os rapaces e rapazas achegáronse á natureza, á infancia, á liberdade e ao amor pola nosa terra.

Os traballos realizados amosan creatividade, reflexión e moito interese por descubrir a poesía e a cultura galega.

Parabéns polo gran traballo realizado e grazas ao departamento de Lingua Galega por seguir fomentando o amor pola lectura e pola nosa lingua.