O Departamento de Matemáticas do IES Marqués de Sargadelos organizou o II Concurso de Fotografía Matemática, unha iniciativa na que as matemáticas saíron das aulas para aparecer entre xeometría, límites, simetrías e perspectivas.
O alumnado volveu a sorprender cunha chea de imaxes cargadas de creatividade, talento e miradas diferentes.
Queremos agradecer a participación de todas as persoas concursantes e felicitar especialmente pola enomer calidade e orixinalidade tanto das fotografías como dos seus títulos.
Fotografías premiadas:
Categoría A:
1º premio: "Matrioskas de cadrados" de Iria Baltar Canoura (1º ESO)
2º premio: " Efecto espello" de Iván Baltar Canoura (1º ESO)
Categoría B:
1º premio: "Proxección sobre o plano" de Cecilia Fernández Alonso (2º Bach)
2º premio: "Radicais" de Sara Lecumberri Villares (2º Bach)
Accésit: "DOLOres de cabeza matemáticos" de Candela Castro Casas (1º Bach)
Parabéns a todas as persoas premiadas e grazas ao alumnado participante por demostrar que as matemáticas tamén poden capturarse con un clic.





