O pasado 5 de febreiro, os cursos de 3º e 4º da ESO xunto co alumnado de 1º de Bacharelato, realizaron unha excursión a Santiago de Compostela para coñecer de preto dúas das súas grandes institucións: o Parlamento de Galicia e a Catedral.
A
primeira parada foi no Parlamento, onde aprendemos sobre o seu
funcionamento, a historia da institución e a importancia da
participación cidadá na política. Tivemos a oportunidade de
visitar o hemiciclo e sentirnos por un momento como auténticos
representantes do pobo galego.
Despois,
visitamos os tellados da Catedral de Santiago, desde onde puidemos
ver a cidade desde outra perspectiva. Ademais de observar a súa
arquitectura, coñecemos mellor a súa historia e algúns detalles
curiosos que agocha entre as súas pedras.