04/02/25

Programa Conecta coa Vida - Prevención no Suicidio

O 2 de febreiro recibimos a visita de Lucía Méndez, Educadora Social da Asociación Saúde Mental A Mariña, que veu impartir, xunto a unha compañeira, unha charla dentro do "Programa Conecta coa Vida-Prevención no suicidio".

O alumnado de FPBásica e posteriormente o de 4° de ESO recibiu accións de sensibilización e prevención desde unha perspectiva integral por medio dunha charla/taller tratando a saúde mental e a prevención do suicidio.