13/10/26

Corresponsables 3º ESO

🟣 Educando en igualdade, construíndo relacións saudables! 🤝

O pasado venres, 9 de outubro, o alumnado de 3º da ESO participou, na hora de titoría, nun obradoiro do Programa Corresponsables do Concello de Cervo, enmarcado no proxecto «Comunidade consciente: igualdade, masculinidade e corresponsabilidade».

💬 A través de dinámicas participativas e espazos de reflexión, abordáronse a construción da identidade na adolescencia, a presión social e a influencia das redes sociais nos modelos de masculinidade.

💜 Unha oportunidade para fomentar o autocoñecemento, a empatía, a xestión emocional e a corresponsabilidade, promovendo relacións máis igualitarias, saudables e respectuosas.

Porque educar en igualdade é construír unha comunidade máis consciente e cohesionada! 🌱