01/10/26

Benvida á biblioteca para o alumnado de 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO recibiu os seus carnés da biblioteca, nunha actividade de benvida pensada para achegalo a este espazo do centro e animalo a facer uso del ao longo do curso.

Durante a sesión, explicouse como funciona o servizo de préstamo de libros, así como as normas básicas para utilizar a biblioteca. Tamén coñeceron como están organizados os fondos, que tipos de libros e recursos poden atopar e como localizar un título ou autor dentro da biblioteca.

A actividade permitiu ao alumnado familiarizarse cun espazo que queremos que sintan como propio, aberto e acolledor, no que poidan atopar lecturas para todos os gustos, descubrir novos autores e compartir o pracer de ler.

Coa entrega dos carnés dá comezo tamén unha nova etapa de visitas, préstamos e descubrimentos entre libros. 📚