Comeza a IV Liga de Convivencia do IES Marqués de Sargadelos para este curso 2026/2027. Nesta edición participarán todos os grupos da ESO, cun obxectivo común: facer do noso centro un lugar mellor para aprender e convivir.
Que aspectos se van valorar?
O comportamento, a actitude e o traballo na aula.
A limpeza, a orde e o coidado do material.
A puntualidade.
O respecto, o compañeirismo e a integración.
A participación nas actividades do centro.
Ao longo do curso haberá dous grupos gañadores parciais e, ao final, proclamarase o grupo gañador absoluto. Os grupos vencedores recibirán premios que buscan recoñecer e celebrar o esforzo colectivo.
A Liga de Convivencia é unha iniciativa que pretende fomentar o respecto, a responsabilidade, o compañeirismo e a participación activa na vida do centro.
Porque convivir mellor é cousa de todos e todas. Que comece o reto e que gañe a convivencia!
.png)
