11/11/25

Charlas FUNDACIÓN ALAR GALICIA

A fundación Alar Galicia traballa na comunidade galega desde 2001 cos colectivos e persoas máis desfavorecidas. Actualmente faino en todo o territorio galego cos colectivos prioritarios de mulleres e menores, desde diferentes ámbitos, como a prevención e sensibilización de condutas autolíticas e suicidas, a prevención da violencia de xénero e da filioparental, entre outros programas. 

Hoxe, martes 11 de novembro, visitaron o noso centro Lorena e Tania para dar dúas charlas ao noso alumnado. Na primeira, co alumnado de 3º da ESO, traballaron a "Influencia das novas tecnoloxías na conduta suicida". Na segunda, falaron da "Violencia machista e saúde mental na xuventude" co alumnado de 4º ESO.