18/11/25

25N

 


No noso centro educativo sumámonos un ano máis á conmemoración do 25N, unha data para reflexionar, tomar conciencia e manifestar con claridade que ningunha forma de violencia contra as mulleres é aceptable nin pode quedar invisibilizada.
Co obxectivo de sensibilizar a toda a comunidade educativa, durante os dous recreos deste 25 de novembro proxectaranse curtametraxes e pezas musicais que convidan á reflexión, ao respecto e á igualdade. Estas creacións artísticas axudaranos a comprender mellor as consecuencias da violencia machista e a importancia de implicarnos activamente na súa erradicación.
Animamos a todo o alumnado a participar, escoitar, mirar con atención e compartir impresións. A igualdade constrúese cada día, e cada xesto, palabra ou toma de conciencia contribúe a crear un espazo máis seguro, libre e respectuoso para todas as persoas.
O 25N lembramos, denunciamos e actuamos. Xuntas e xuntos, conta a violencia de xénero.