Presentámosvos a I Liga de Convivencia IES Marqués de Sargadelos!
A Liga de Convivencia é un concurso no que participan todos os grupos da ESO e no que se avalían varios aspectos que afectan á calidade da convivencia no centro e en particular en cada grupo.
A realización deste concurso enmárcase dentro dun conxunto de medidas que teñen como obxectivo mellorar a convivencia no centro potenciando o clima idóneo de traballo e de respecto.