O mércores 3 de abril o alumnado de 4° de ESO participou no obradoiro Talento Mozo, un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos.
Estes
obradoiros buscan dar visibilidade ao potencial, creatividade e
innovación que ten a xuventude galega a través de coloquios con
mozos e mozas. Trátase de realizar encontros con emprendedores/as ou
estudantes que representen casos de éxito para resolver dúbidas á
hora de escoller estudos superiores e que buscan mellorar a posterior
inserción labora.