A
semana pasada o alumnado de 3° e 4° de ESO participou nunha charla
sobre "Formación, investigación e desenvolvemento
multidisciplinar. Un exemplo: TICs e Medio Ambiente".
O
doutor Javier Andrade do departamento de Ciencias da Computación e
Tecnoloxías da Información da Facultade de Informática e a doutora
María Piñeiro Iglesias que forma parte do Instituto Universitario
de Medio Ambiente, realizaron en primeiro lugar, unha pequena
presentación dos centros relacionados co tema da charla e despois
adentráronse no problema da contaminación atmosférica.
O
obxectivo é plantexar como as TICs se poden empregar tanto para a
vixilancia ambiental como para a "eco-actuación", e para
iso, mostraron exemplos de hardware e software que dan soporte a
actividades medioambientais.
Tamén
presentaron proxectos TIC que desenvolven de forma conxunta desde os
dous centros e falaron sobre a formación necesaria para participar
nestes proxectos.