16/06/26

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO NOSO IES


O alumnado de 4º da ESO da materia de Dixitalización elaborou un vídeo de presentación do noso instituto, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos en edición audivisual, comunicación dixital e creación de contidos multimedia.

A través deste proxecto, tiveron a oportunidade de amosar os espazos, actividades e valores que forman parte da vida do centro, desenvolvendo ao mesmo tempo a súa creatividade, capacidade de traballo en equipo e competencia dixital.

Parabéns polo excelente traballo realizado e polo compromiso demostrado durante todo o proceso!

ATLETISMO EN PISTA

O luns 15 de xuño pola tarde tivemos unha actividade de achegamento ás actividades deportivas do Concello de Cervo, organizada polo Departamento de Educación Física nas pistas municipais de atletismo.

Os adestradores Olga Vicente e Jaime Seijas foron os encargados de presentar, dunha forma práctica e dinámica, varias modalidades de atletismo que o alumnado poderá practicar o vindeiro curso dentro do CD San Ciprián.

Grazas a Olga Vicente, Jaime Seijas e ao CD San Ciprián pola súa colaboración e por achegar o atletismo á nosa comunidade educativa.







12/06/26

ORATORIA: Un cuarto propio


Durante o último trimestre do curso, o alumnado da materia de Oratoria desenvolveu un proxecto de teatralización de Un cuarto propio, célebre ensaio feminista da escritora británica Virginia Woolf.
A adaptación da obra permitiu ao alumnado achegarse a unha reflexión profunda sobre a igualdade de oportunidades, a liberdade e o papel das mulleres na creación e na cultura.
Un proxecto que, a través da literatura e da expresión oral, convidou a pensar e dialogar sobre cuestións que seguen a ser fundamentais na nosa sociedade.

11/06/26

Premios Concurso de Pontes


Xa temos gañadores do Concurso de Pontes de 1º da ESO!

Nesta edición produciuse un empate na máxima puntuación, polo que dous equipos comparten o primeiro posto tras destacar pola súa creatividade, estética, estabilidade e excelente execución técnica.

Equipo F:

  • Daniela de la Plaza Calvo
  • Iria Baltar Canoura
  • Celia Basanta Antuña
Equipo G;
  • Roi Bajatierra Sante
  • Julen Bermúdez Pulido
  • Iván Baltar Canoura
As persoas premiadas recibiron un diploma acreditativo e un divertido bolígrafo con forma de ferramenta como recoñecemento ao seu excelente traballo.
Ademais, todo o alumnado participante foi agasallado con lambetadas e chocolates como agradecemento pola súa implicación, esforzo e  entusiasmo ao longo do proxecto.
Parabéns aos equipos gañadores e a todo o alumnado de 1º da ESO pola calidade dos traballos presentados.

Obradoiro cociña (2ª sesión)

 Despois da primeira xornada celebrada en decembro, o alumnado de 1º e Bacharelato participou o mércores 10 de xuño na segunda parte do Obradoiro de Cociña organizado pola ANPA do centro.

Nesta ocasión seguiron aprendendo receitas prácticas e saudables, elaborando pan de pita recheado de atún e aguacate, así como outra versión con polo, tomate e coéngos. Como toque doce final, prepararon unhas deliciosas torradas.

Ademais de poñer en práctica técnicas básicas e trucos útiles para o día a día, fomentando a autonomía e a organización persoal de cara o futuro universitario ou á vida independente.

Unha xornada de aprendizaxe, traballo en equipo e, por suposto, moi bo sabor de boca.











09/06/26

Así falamos nosoutras

Mógaros, margotas, ariegos, lampo, raño de dous dentes, ladrairos, leiteirios, mochenos, soédrego, lámparo, pelouro, escutrulido, ceboleada, felgos, feligras...E o golpe, o animal máis antigo do país, que coñece profundamente a nosa fala, que dicía Cunqueiro.

Estas son unhas das poucas das palabras que o alumnado de 1º de Bacharelato recolleu nesta primavera. Da casa, das amigas, dos parentes, da infancia, dos docentes do instituto ou da orella ben posta no sitio certo da comarca da Mariña foron parar a un dos taboleiros do centro, coa colaboración do EDLG, para que calquera poida abrir os sobres que as conteñen e ler a súa definición escrita polo alumnado.










Entrega diplomas "E para dixitalizarse, Lugo"

O alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu os seus diplomas tras participar na formación sobre o uso seguro e responsable de internet.

Esta actividade forma parte do programa "E para Dixitalizarse, Lugo", impulsado para promover as competencias dixitais e fomentar o uso seguro, responsable e consciente das tecnoloxías.

Parabéns ao noso alumnado polo seu interese, participación e compromiso con esta iniciativa. A educación dixital é unha ferramenta fundamental para construír unha cidadanía máis preparada, crítica e segura no mundo conectado de hoxe.