Xa temos gañadores do Concurso de Pontes de 1º da ESO!
Nesta edición produciuse un empate na máxima puntuación, polo que dous equipos comparten o primeiro posto tras destacar pola súa creatividade, estética, estabilidade e excelente execución técnica.
Equipo F:
- Daniela de la Plaza Calvo
- Iria Baltar Canoura
- Celia Basanta Antuña
Equipo G;
- Roi Bajatierra Sante
- Julen Bermúdez Pulido
- Iván Baltar Canoura
As persoas premiadas recibiron un diploma acreditativo e un divertido bolígrafo con forma de ferramenta como recoñecemento ao seu excelente traballo.
Ademais, todo o alumnado participante foi agasallado con lambetadas e chocolates como agradecemento pola súa implicación, esforzo e entusiasmo ao longo do proxecto.
Parabéns aos equipos gañadores e a todo o alumnado de 1º da ESO pola calidade dos traballos presentados.

