A mellor aula está tamén á beira do mar!
O alumnado de 1º curso do Ciclo Medio de Cultivos Acuícolas, na modalidade de formación dual, achegouse á zona intermareal da ribeira próxima ao instituto, na contorna de San Cibrao, para descubrir de preto a riqueza do noso litoral.
Entre rochas, pozas e mareas, unha oportunidade para observar o ecosistema intemareal e seguir aprendendo directamente no medio natural.
Porque coñecer o mar tamén é aprender a valorar e coidar o noso entorno.

