A aula saiu ao encontro da natureza!
O venres 8 de maio, o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato cambiou os pupitres por paisaxes nun roteiro pola contorna de San Cibrao. Entre ribeiras, praias, sendeiros, exploraron a riqueza do entorno.
Observación, curiosidade e moitas preguntas nunha xornada na que a ciencia estivo máis viva ca nunca.
Porque aprender tamén é camiñar, mirar e conectar co que nos rodea.
ADIADA POLA CHUVIA