27/03/26

SEMANA DA FRANCOFONÍA

 No IES Marqués de Sargadelos celebramos por todo o alto a Semana da Francofonía do 20 ao 27 de marzo.

O alumnado da ESO participou en divertidas xincanas culturais, mentres que tamén puidemos viaxar a Francia a través do padal cunha degustación de pratos típicos.
Non faltaron a raclette, nin as deliciosas crepes... e, por suposto, o profesorado tamén se animou a probar o fromage!
Deixámosvos algunhas imaxes das persoas gañadoras da xincana e de todo o vivido estes días.