Pola mañá visitaron as instalacións de Ovapiscis en Fonteo (Baleira), onde puideron observar o proceso de incubación, cría e manexo de peixes, ademais de recibir explicacións técnicas sobre a infraestructura, os sistemas de control e boas prácticas de bioseguridade.
Xa pola tarde desprazáronse a unha piscifactoría situada en Ribeira de Piquín, da Fundación TerrEo, completando así unha visión máis amplia da produción en diferentes contornos e coñecendo outras metodoloxías de traballo, equipamentos e rutinas profesionais.
Un día cheo de aprendizaxes, no que o contacto directo co sector axudou a reforzar os contidos vistos na aula e preparar o alumnado para o seu futuro profesional no ámbito acuícola.













