A ANPA do IES Marqués de Sargadelos organiza unha actividade moi especial pensada para o noso alumnado de 1º de bacharelato: un obradoiro práctico para aprender a cociñar, planificarse e gañar autonomía para un futuro.
Porque saber preparar un menú sinxelo, organizar a compra ou aproveitar o que temos na neveira é fundamental cando chegue o momento de marchar estudar á universidade ou independizarse.
Na sesión de hoxe cociñaron: umha ensalada con legumes, pasta con salsa de cogumelos e unha torta de galletas.
Unha iniciativa pensada para formar, motivar e acompañar o seu camiño cara a independencia.




