O xoves 9 de outubro o alumnado de 1º Bach tivo a oportunidade de realizar unha saída escolar aos Xulgados de Viveiro, onde foron recibidos pola xuíza e as dúas fiscais.
Durante a visita, puideron presenciar varios casos de diversa índole, cada un deles explicado en detalle polas maxistradas. Esta experiencia permitiulles coñecer de preto o funcionamento do sistema xudicial, ofrecéndolles unha visión máis clara sobre os procedementos legais e a importancia da xustiza na nosa sociedade.
Agradecemos a atención e o tempo dedicado polas profesionais do xulgado, que fixeron desta saída unha experiencia formativa e enriquecedora.
