20/10/25

Hoxe faenamos. Achegar ao sector do mar

 A Consellería do Mar está a organizar diversas actividades para achegar ao sector do mar ao estudantado galego.

O luns 20 de setembro fomos convidados a Celeiro (Viveiro) para participar na actividade "Hoxe faenamos" co alumnado de 1º e 2º da ESO. Puidemos visitar un barco pesqueiro que faena en Gran Sol e a lonxa do porto de Celeiro, explicándonos cada un dos pasos do proceso de pesca, conservación, tratamento, descarga e poxa do peixe. 

Rematamos a xornada cunha degustación de produtos do mar.