13/06/25

Charla IES de Foz e Food Truck Hostelería

 

O profesorado de Hostelería do IES de Foz achegouse ao noso centro para informar ao alumnado de 4° de ESO da oferta educativa que se imparte no seu centro.

🔸Ciclos Profesionais Básicos:

- Servizos administrativos.

- Cociña e Restauración.

🔸Ciclos Profesionais Grao Medio:

- Cociña e Gastronomía.

- Servizos de Restauración.

🔸Ciclo Profesional Grao Superior.

- Dirección de Cociña


Despois tiveron a oportunidade de desfrutar na "food truck" de cafés e biscoitos que elabora o propio alumnado do ciclo.