21/02/25

Visita ao Museo do Mar

O alumnado de 3º de ESO acudiu o pasado 19 de febreiro ao Museo do Mar de San Cibrao. Esta saída recóllese dentro dunha proposta organizada polo departamento de Xeografía e Historia do centro que trata sobre a recuperación da nosa historia. 

Aproveitando que o alumnado está estudando nesa materia os sectores económicos, achegáronse ao museo para coñecer a tradición mariñeira de San Cibrao.

Por outro lado, e xa dentro da actividade de Recuperación da nosa historia, descubriron que o edificio no que está instalado o Museo do Mar foi unha escola fundada e pagada por un matrimonio de indianos.

Actualmente o museo está tratando de recuperar información sobre a primeira mestra de escola da localidade. De momento a única información que teñen é un cadro elaborado a partir dunha foto de Doña Rosario.