O alumnado de 4° de ESO, 2° de FPBásica e 1° de CSQUI recibiu unha charla sobre RCP impartida polo Dr. José Palacios Aguilar, profesor honorario da UDC.
Nela aprenderon a facer unha primeira valoración do estado dunha persoa inconsciente, a posición lateral de seguridade, aprenderon a facer RCPs, a comunicarse co 112, a utilización dun desfibrilador e practicaron a maniobra Heimlich en nenos, embarazadas e resto de persoas.
Este ano, ademais, o profesor tamén incluíu certas nocións sobre pautas de actuación nas piscinas e praias.