27/11/24

VI Ciberliga da Garda Civil

O martes o alumnado de 4° de ESO do noso centro participou na VI Ciberliga 2024/2025 modalidade preamateur.

A Ciberliga da Garda Civil é unha competición de ciberseguridade para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades en seguridade informática a través de desafíos e probas en entornos controlados.

Antes de meterse de cheo nas probas, o alumnado recibiu unha charla na que se explicou en que consiste a competición e algunhas ferramentas que posteriormente utilizaron.

Nesta ocasión contamos coa coordinación de @colegc formador da Garda Civil.