Hai uns días achegouse ao centro Carlos Fernández Lozano, profesor da UDC, para impartir unha charla ao alumnado de 1° de BAC sobre a intelixencia artificial.
Machine Learning: ¿qué es eso y cómo funciona? é unha charla de divulgación que calquera persoa pode comprender. O machine learning é un conxunto de algoritmos que se entrenan sobre uns datos e son capaces de extraer os patróns dos mesmos que lle permiten aprender a información presente. Ao longo da charla comparouse o funcionamente destas intelixencias co propio proceso de aprendizaxe dos humanos, xa que as técnicas de machine learning tratan de emular comportamentos da natureza.