O 5 de febreiro o alumnado de 4° de ESO tivo un encontro con referentes do mundo laboral galego.
Esta
iniciativa está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación,
FP e Universidades e Executivas de Galicia e pretende achegar ás
aulas testemuñas de mulleres galegas referentes que destacan pola
súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida
representación feminina. O seu obxectivo é promover así a
igualdade de oportunidades e favorecer que a elección dun itinerario
académico baseado na vocación e non en estereotipos de xénero.