25/01/24

Charla A economía azul para o futuro das zonas costeiras

Dentro do Programa A Ponte entre o Ensino Medio  a USC o Departamento de Economía organizou unha charla titulada: A economía azul para o futuro das zonas costeiras impartida por María de los Ángeles Piñeiro Antelo e María José Piñeira Mantiñán.

Estas profesoras da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela viñeron falarlle ao alumnado das materias de Economía e emprendemento (4º de ESO), de Economía de 1º de BAC e de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de (2º de BAC) sobre os sectores económicos tradicionais dentro da economía azul (pesca artesanal, marisqueo ou acuicultura) porque xeran un gran volume de negocio e de emprego en Europa. A importancia destas actividades en Galicia fai que a nosa rexión teña un gran peso específico no contexto europeo, tamén en actividades consideradas complementarias ou compatibles coa economía azul, como a biotecnoloxía, a construción naval ou o transporte marítimo.