21/12/23

Visita ao Aeródromo de Rozas

O alumnado de 2° de ESO visitou o Aeródromo de Rozas en Castro de Rei.

En primeiro lugar, explicóuselles o potencial do Polo Aeroespacial de Galicia, núcleo de investigación tecnolóxico onde desenvolver a súa carreira profesional en temas como aeronáutica aplicada aos UAVs, a realidade virtual e os sensores intelixentes de detección.

Tamén tiveron a oportunidade de ver ensaios de voo con UAVs e unha demostración de realidade virtual con lentes 3D. Finalmente, visitaron o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR).