28/11/23

MAGOSTO 2023



O alumnado de 1º de ESO desfrutou da celebración do Magosto xunto á Asociación de xogos tradicionais XOTRAMU de Muimenta: zancos, corda, pelexas de sacos, tiratacos, buxainas...e moitos máis.

                                           

Despois degustaron unhas castañas asadas por César, ao que sempre lle estamos moi agradecidos no centro por facilitarnos a organización de actividades deste tipo.

Deixámosvos por aquí un vídeo para que vexades a cantidade de xogos nos que participou o alumnado.