18/05/23

Viaxe a Santiago

O martes 16 de maio o alumnado de 3º de ESO viaxou a Santiago para visitar o Museo do Pobo Galego, A Cidade da Cultura e a Biblioteca Couceiro.

Durante a visita do Museo do Pobo Galego o alumnado desfrutou dunha explicación pola exposición de etnografía do museo, posteriormente puideron visitar tamén o Panteón de galegos ilustres.


  






Despois achegáronse ata a Cidade da Cultura e alí recibiron unha explicación sobre a arquitectura do lugar.


 


Unha vez rematado o tempo para comer, visitaron a Biblioteca Couceiro. Alí realizaron unha actividade no taller de restauración e encadernación onde o libro antigo é o protagonista.




 

Ao finalizar esta actividade deron un paseo por Santiago de Compostela e visitaron os lugares máis emblemáticos da cidade.