O pasado luns 8 de maio volveron visitarnos as técnicas da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña para realizar unha actividade práctica sobre a compostaxe.
Nesta ocasión o alumnado de 1º de ESO puido aprender sobre a compostaxe e como poder iniciar a produción do noso propio compost no centro.
Empregando mostras de compost estivemos a investigar sobre a diversidade de seres vivos que habitan nel e que permiten a súa formación.
Finalmente, montamos no patio do centro unha composteira e recibimos valiosos consellos que nos serán de grande utilidade no futuro.