05/05/23

Aula Newton

Onte o alumnado de 2º de ESO visitou a Aula Newton permantente situada no Parque Tecnolóxico de Galicia.

A Aula Newton ofrece a posibilidade de iniciarse no mundo da aviación a través do módulo Voamos con números: unha aventura aérea nun simulador de voo do que puideron desfrutar todos/as. Durante a actividade tamén tiveron que calcular as rutas de voo coa axuda de instrutores cualificados.