17/04/23

Visita a InnovArt e MUPEGA

O alumnado de 1º de ESO visitou hoxe InnovArt 2023 na Cidade da Cultura, evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.

Á tarde visitaron o MUPEGA para ver a evolución da escola galega a través do tempo. Pódense ver recreacións de aulas desde o século XIX ata a EXB, curiosos obxectos escolares ou xoguetes que utilizaban os nenos e nenas de antes.