07/06/22

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. 8 DE XUÑO.

 Alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Marqués de Sargadelos participou hoxe nas actividades coa mocidade organizadas polo CONCELLO DE CERVO con motivo da conmemoración do DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS que se celebra cada 8 de xuño. O alumnado asistiu a unha charla no auditorio da Casa da Cultura relacionada coa problemática do lixo mariño. Posteriormente tivo lugar unha recollida de lixo nas praias de Cubelas e A Caosa coa finalidade de sensibilizar sobre a importancia de reducir o impacto do lixo nos nosos mares e a necesidade de mellorar o proceso de xestión de residuos.