O alumnado que cursa a materia de Debuxo de 4º ESO e 1º de BACHARELATO, visitou esta semana a exposición de creadores e artistas mariñáns que ten lugar no CENIMA en Foz. É o obxectivo desta saída complementar e reforzar os contidos adquiridos na aula ao longo do curso e familiarizar ao alumnado coa creación artística a partir de referentes cercanos á realidade e contexto do centro educativo. Neste caso a asociación "Ta en Artes", dentro da Semana das Artes na Mariña organiza unha exposición que homenaxea ao artista mindoniense-cervense Quique Guerra. "Diálogos, historia e ciencia, escultura e pintura" é o título desta exposición na que participan 26 artistas. Unha parte importante desta oferta son as visitas guiadas dirixidas a escolares da que participou o noso alumnado.