https://www.facebook.com/photo/?fbid=5212693138752583&set=pcb.5212695378752359
Esta mañá, no Salón de Actos da Casa da Cultura de San Cibrao tivo lugar un econtro do alumnado do IES Marqués de Sargadelos cun grupo de mulleres todas elas empregadas nas distintas seccións da fábrica de aluminio ALCOA SAN CIBRAO.
Mulleres
representantes das distintas seccións e diferentes postos de responsabilidade
comentaron as súas experiencias laborais. Unha a unha foron contando as súas
vivencias profesionais empezando por María Abel, licenciada en dereito; hoxe Xefa
de Recursos Humanos. Foron despois dela comentando, unha a unha as súas
experiencias Vanesa, Operadora; licenciada en Química, un Erasmus en Liverpool
con tres nenos, capaz de conciliar a súa vida laboral e persoal. Alba e Mari
Paz traballan no Departamento de Electrolisis, máis coñecido como “as cubas”.
Esta última con dúas nenas afirma estar agradecida á empresa por facilitarlle a
conciliación e o coidado dos fillos adaptando os seus turnos en circunstancias
de necesidade. Paula, Operadora de Producción e Retificación, entrou en ALCOA
tras realizar un Ciclo Superior de Automoción. Vanesa leva 8 meses traballando
na fábrica, entrou tras realizar un Ciclo Medio de Mecánica e un Ciclo Superior
de Polímeros; é mecánica no Departamento de Dixestión. No Departamento de Fundición
traballa Ana; sendo os homes maioría no seu departamento, nunca se sentiu
discriminada, todo o contrario, sentiuse arroupada sempre polos seus
compañeiros.
Dos
seus relatos podemos concluír o seguinte:
-Existen
en ALCOA uns principios claros de non permitir tratamentos discriminatorios
coas mulleres; e a vontade clara de ir incorporando cada vez máis mulleres como
empregadas dunha e outra categoría. Aínda que é evidente o predominio de homes,
tamén se nota como nos últimos anos a presenza femenina foi en aumento.
-As
mulleres nunca deben poñerse límites; calquera posto de responsabilidade na
fábrica pode ser ocupado por unha muller en función da súa valía para o seu
desempeño. Non hai freos para as mulleres á hora de acceder a calquera posto.
-Faise
un esforzo claro por integrar as mulleres, por facilitarlles o acceso aos
postos de traballo e mesmo o desempeño dos mesmos, a súa formación e adecuación
dos postos ás súas circunstancias.
-É
necesario romper cos medos; crer que podes e vales axuda moito. Moitas veces, o
querer e o crer en ti como muller basta. En realidade, poucas cousas podemos
conseguir sós ou soas; sempre se necesita xente da que aprender e xente á que
ensinar. Todo o mundo pode facer de todo sen limitacións de xénero; sobran estereotipos
e prexuízos falsos sobre o que poden ou non facer homes e mulleres. Todas e
todos podemos facer de todo.
A
colaboración do IES Marqués de Sargadelos e Alcoa organizando estes encontros
permite concienciar e axudar a mellorar a incorporación da muller a todos os
ámbitos da vida social e laboral; sensibilizar en torno á igualdade efectiva
entre mulleres e homes. O obxectivo destas charlas é informar ao alumnado á
hora de elixir e demostrarlle que non hai postos só para homes. Trátase de
darlles toda a información e animalos a que non se poñan límites, que non
condicionen as súas decisións ou aspiracións en función do seu xénero.