03/11/20

ACTIVIDADE ARTÍSTICA NAS PISTAS DO CENTRO.

 Esta mañá, nas pistas, desenvolveuse unha actividade artística organizada pola ANPA do centro en colaboración co departamento de cultura da Deputación Provincial de Lugo. Os artistas, MANUEL SEIJAS e DIEGO ANIDO realizaron un fermoso mural en homenaxe a unha das máis galegas e universais escritoras, Rosalía de Castro. Aquí temos en imaxes o proceso de elaboración que o noso alumnado puido presenciar e o resultado final do mesmo. O agradecemento aos organizadores e especialmente a estes magníficos artistas que contribúen a que os muros sexan cada día menos muros e menos duros.