10/04/18

RALLY MATEMÁTICO.


A nosa aventura matemática rematou en Santiago, pero estamos moi satisfeitos porque quedamos segundos; case pasamos á seguinte fase que terá lugar en Toulouse.Non quedamos segundos por non superar a proba, que a superamos, o problema estivo en que os gañadores acabaron un pouquiño antes ca nós. Tivemos diante uns competidores moi potentes, alumnos e alumnas do Instituto Rosalía de Castro de Santiago, aos que aproveitamos para felicitar. Pero non perdemos a ilusión e temos pensado chegar máis lonxe o vindeiro curso, con moita forza, ilusión e ganas. Aquí podedes ver o noso diploma e a proba que tivemos que superar.


FOTOS